martes, 24 de junio de 2008

Un rapaz sentado nun banco do parque axita un carabullo diante do seu can, que espera ansioso a que llo tire. Cando o fai, corre detrás do pao movendo o rabo, nervioso e feliz; pero leva posto un bozal, así que non o pode morder. Rabúñao impotente, da voltas ó seu redor, escarva na terra co fuciño... Mentras tanto, ás súas espaldas o dono agáchase no seu banco e recolle outro pao calquera do suelo. Despois bota un silbido e o can dáse a volta no momento, movendo a cola.

No hay comentarios: