sábado, 16 de febrero de 2008

Comida fóra (... e II)


Cando volvemos de comer, encontramos a un vello sentado nun sillón, na mitade e mitade da acera. Xa o teño visto máis veces.


Acabamos, sabe Dios por qué, falando da palabra lobotomía.
Meu pai sostén que tén que ver cos lobos (é de ciencias, que lle vamos facer). Eu dudo entre que teña que ver coa cabeza (algún tipo de operación sádica e siniestra que se lle practica ós tolos pa que non molesten), ou coa boca (algo me sonaba de que tiña que ver, bueno, coa capacidad da fala, ou algo así)
- A verdad é que, ahora que o dices, sónanme as dúas...
- A miña opción non a contemplas, ¿non?. Porque podíamos facer un trato: cámbioche mitad do lobo por mitad do cerebro. Desa maneira teremos razón a medias os dous...
- A túa opción non a contemplo. Pero véndoche por un euro a capacidade da fala
- Como sigas así non vai haber trato.
- A ti o que che pasa é que te acabas de dar conta de quea lobotomía é a operación esa, máis ou menos, que lle facían a Jack Nicholson ó final de Alguien voló sobre el nido del cuco
Meu pai sonríe. "Cándo coño viches tu esa película"-dice. E eu sonrío e penso que xa está todo dito, aínda que non tou seguro, así que non sigo falando por si acaso.


Cando chegamos á casa, miña mai tira de enciclopedia:
LOBOTOMÍA:f Intervención neuroquirúrgica consistente en seccionar parte de las fibras nerviosas de un lóbulo cerebral, aplicada en enfermos mentales.
Tamén se lle aparecen, navegando un pouco unhos parágrafos máis aló, dúas palabras que me anoto mentalmente nunha tira de papel que me cosín no interior do bolsillo do meu pantalón:


logorrea e logomaquia



dúas palabras para grabarse. Ahí volas deixo

No hay comentarios: