sábado, 16 de febrero de 2008

Pasatempo estival (¡millor que un sudoku samurai!)

- ¿Fijácheste nesa parexa da mesa do fondo?
- Joder, canto tardan en servir un puto sandwich vegetal... ¿Qué dices?
- A parexa esa, os que tan pagando, ¿fijácheste neles antes?
- No. ¿Qué lles pasa?
- Apostaría algo a que van ir ó cine a ver unha película romántica... Vamos a ver: tu ves como ta vestida ela, ¿non?. Todo a xogo, ta maquillada... Vai arreglada, vamos. E el ten unha camiseta de manga corta e pantalóns cortos. Asi que o organizou ela.
Taban tomando unha Coca-cola, non cenando, e acábanse de ir, ás doce menos dez, xusto a tempo para ir abrazados e agarradiños hasta o cine e chegar á sesión das doce.
Bueno, e obviamente, unha rapaza que se arregla hasta para ir tomar unha Coca-cola a un bar cutre co seu mozo, escolleu unha película romántica fijo.
- Non hai sesión das doce nos Yelmo. Ademáis, un rapaz, por estúpido que pareza, si queda para ir ó cine ás doce da noite non vai en camiseta e pantalón corto, ¿non che parece?
- Non descartes a estupidez. Pero tés razón. Ademáis hai unha xarra de cerveza vacía enfrente deles, e unhas dez colillas no cenicero. Ela fuma, pero nos vinte minutos que levamos aqui sólo encendeu un cigarro...
- Joder, levamos vinte minutos esperando por un sandwich vegetal, que patético...
- Dalle, non te distraigas... Eu digo que el tenme pinta de ser un fortachón deportista sanote e sin vicios. Así que estuveron antes falando con alguén máis. Pode que un amigo de el, pode ser que o sanote e o amigo xa tuveran na cafetería e que el chamara á sua moza para que baixara tomar algo. Son as doce da noite, asi que a ela xa lle dera tempo a cenar antes de baixar, digamos, ás once e cuarto...
- Vale, pero ¿o amigo vaise despois de dez minutos, e eles quédanse na cafetería, asi sin máis? Que va, eu teño unha máis fácil: ¿qué tal si cando se sentaron na mesa xa taba a cerveza alí, e santas pascuas?
- Boh, eso non tén gracia... Ademáis, non me cadra: alguén que vai solo a unha cafetería non se senta a tomar unha cerveza na mesa do fondo e mirando de cara á parede, non é lógico. E si a parejita tuvera toda a mesa para sentarse cando chegaron, teríanse posto un enfrente do outro, para mirarse ós ollos...
- Joder, Noé, que romántico. Non creo que o fortachón sanote seña tan romántico coma ti, macho. Nin siquiera a moza. Igual é máis probable que se sentaron un ó lado do outro para meterse man máis comodamente, ¿non crees?. E igual o da cerveza non estaba solo, ¿ou?, si estuvo aquí antes ca eles, poñámoslle ás dez, igual quedara a cenar con alguén...
- Coño, ¿e atenden áparexa sin nin siquiera librarlles a mesa? Bueno, eso pode ser...
- Pode, oh. Pero da igual, admitamos a hipótesis do amigo borracho. Aínda así, ¿qué coño pintan nunha cafetería as once da noite, si non cenaron nela? Porque non cenaron nela, ¿non?
- E sobre todo, ¿qué coño pintan no Mundo Diner, si é a puta cafetería máis cutre de Lugo, que tardan media hora en servir un sandwich vegetal e unha hamburguesa?
- E nin che libran a mesa antes de atenderte. ¿Qué coño pintamos nosoutros aquí?
- Ah, ironía posmoderna. Téñoche que prestar un cómic, xa o entenderás, esta cafetería é o Taj-Mahal das falsas cafeterías dos cincuenta.
- De ironía posmoderna non se come...
- Bueno, non te me poñas negativo ahora, anda, que aínda temos que averiguar a dónde foi a parejita
- De putas foron.
- Coño, Fran...
- Mira, ó carallo a ironía posmoderna, son as doce e teño fame... Tu xa acabaches o Nestea, ¿non? Bueno, pois vamos xogar a outra cousa: ¿tu fixeches algunha vez un simpa?

No hay comentarios: